Conocer qué grado de parentesco tenemos los primates entre nosotros es una forma muy interesante de plantearnos qué nos hace humanos y valorar si somos realmente una especie tan única como pensaban los filósofos en la Antigüedad. Por ejemplo, si analizamos los experimentos realizados con chimpancés obtendremos inquientantes revelaciones. Sin ir más lejos, [. […]
Como diciamos no post Malos tempos para a Filosofía (I), ante a aprobación do Decreto de Bacharelato o pasado mes de xuño por parte da Consellería, producíronse unha serie de movilizacións e creáronse plataformas en defensa da filosofía. A SOGAFI levou a voz cantante e xunto coa facultade de Filosofía da USC mobilizáronse en maio para impedir a reducción horaria da materia Filosofía e Cidadanía. Aquí tendes un video que da mostra deste acto.
Descartes é o pai da modernidade, principal representante do racionalismo. Coa súa filosofía inaugúrase unha nova etapa da filosofía, un novo modo de acometer a análise da realidade.
O contexto histórico do racionalismo é o Barroco. Situámosnos no século XVII. Trátase dunha época de crise onde as seguridades antigas (aristotelismo, tomismo, xeocentrismo, etc) van ser postas en cuestión. Cómpre sinalar sobre todo dúas causas da situación de incerteza e dúbida que supón a época que lle tocou a Descartes vivir.
1. A revolución científica, encabezada por figuras coma Copérnico, Kepler e Galileo. No ámbito da astronomía negábase que a Terra fose o centro do universo e tamén a idea de que o movemeto dos astros era circular. No ámbito da física discutíanse as premisas do aristotelismo. Tamén cabe sinalar a perda de validez dos métodos escolásticos para a ciencia.
2. A destrucción da unidade relixiosa. Divídese Europa en tres relixións: a católica, protestante e anglicana. Como consecuencia podemos sinalar a Guerra dos 30 anos entre protestantes e católicos.
A nivel político é a época da monarquía absoluta (Luis XIV en Francia, por exemplo).
Durante o século XVII Holanda aumenta a súa prosperidade gracias ao comercio marítimo e á industria. Convértese nun país tolerante, e por ese motivo é refuxio de numerosos filósofos: Descartes mesmo, Spinoza, Hobbes, Locke…
René Descartes naceu en 1596 en La Haye (Francia), no seno dunha familia nobre e acomodada. Educouse no colexio dos xesuítas de La Fleche. A súa moderada fortuna permitiulle adicar a súa vida ao estudo, á ciencia e á filosofía. En 1618 decide adicarse á carreira militar e participa na Guerra dos 30 anos. De 1629 a 1649 permaneceu nos Países Baixos. Este último ano trasladouse a Estocolmo, onde impartía clases á raiña Cristina de Suecia. Morreu dunha pneumonía en 1650. As súas obras máis significativas son Regras para a dirección do espíritu (1628), Discurso do método (1637), Meditacións metafísicas (1640) e Principios da filosofía (1644).
Maquiavelo nace en Florencia no ano 1469. Tras a caida dos Médicis e unha vez instaurada a república en Florencia, participou activamente na política da cidade. En 1498 foi nomeado secretario da Segunda Cancillería e posteriormente canciller dos Nove da Milicia (1507). Despois do regreso ao poder dos Médicis foi detido e torturado. A partires dese momento retirouse, adicándose fundamentalmente a escribir. En 1513 escribiu a sú obra máis coñecida, O príncipe, e comezou a redacción dos Discursos sobre a primeira década de Tito Livio, que rematou anos despois. Morre en 1527.
MANIFESTO CONTRA O ANTEPROXECTO DO DECRETO DA ORDENACIÓN E O CURRÍCULO DO BACHARELATO DE GALICIA
O profesorado de Filosofía reunido en asemblea convocada pola Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI) nas Xornadas sobre Educación da Cidadanía, quere manifestar o seu desacordo co Anteproxecto de Ordenación do Currículo do Bacharelato para Galicia no que atinxe á redución da carga horaria da materia de Filosofía e Cidadanía, de tres a dúas horas semanais, polas seguintes razóns:
• Constitúe un dereito irrenunciable do alumnado de bacharelato dispor dun espazo de reflexión crítica e racional que garde unha relación clara coa tradición filosófica europea. Como ten sinalado a Declaración de París a favor da Filosofía (UNESCO):
… reafirmamos que a educación filosófica, por formar espíritos libres e reflexivos, capaces de resistir ás diversas formas de propaganda, de fanatismo, de exclusión e de intolerancia, contribúe á paz e prepara a cada un para facerse cargo das súas responsabilidades fronte ás grandes cuestións contemporáneas, no dominio da ética especialmente;
Xulgamos que o desenvolvemento da reflexión filosófica, tanto no ensino como na vida cultural, contribúe de xeito importante á formación de cidadáns ao exercitar a súa capacidade de xuízo, elemento fundamental de toda democracia.
• É manifestamente incoherente que os poderes públicos insistan na importancia dun ensino dirixido a promover o exercicio dunha cidadanía informada, autónoma e democrática —até o punto de provocar unha viva polémica social— , para de seguido privar ao alumnado da formación específica indispensable para desenvolver as competencias implicadas, dende as que capacitan para acceder á linguaxe e á conceptualidade propia da Constitución, os Estatutos de Autonomía, os Tratados Internacionais e todos os textos que garanten e formulan os Dereitos humanos dende a metade do século XX, até as que fan posible a apropiación crítica do coñecemento e os valores civís.
• A redución de 3 a 2 horas da carga horaria de calquera materia, como viría a suceder coa Filosofía e Cidadanía —máxime ao se manter, cando menos, o mesmo nivel, en cantidade e complexidade, de contidos conceptuais e procedementais—, non só compromete o cumprimento do seu currículo, senón mesmo a súa mesma viabilidade como materias educativamente útiles, provocando, xa que logo, a súa degradación e finalmente a súa extinción.
• Por outra banda a Historia da Filosofía de segundo de bacharelato deixaría de dispor da propedéutica que precisa no primeiro curso, así como dunha vía alternativa á histórica de acceso aos contidos filosóficos, polo que sen dúbida os seus obxectivos se verán afectados.
Por todo o exposto solicitamos o apoio de cantos compartan os argumentos aducidos para requirirmos aos poderes públicos a procura dunha solución na que en todo caso sexa salvagardada a viabilidade da materia de Filosofía e Cidadanía dotándoa cunha carga horaria de ao menos tres horas semanais.
ADHÍRETE Á PLATAFORMA DE DEFENSA DA FILOSOFÍA AQUÍ.
A aplicación da LOE nesta Comunidade supón a redución da carga horaria da materia obrigatoria Filosofía e Cidadanía do primeiro curso do Bacharelato e a desvalorización do seu contido propiamente filosófico.